ORUQESTRA DA SEMANA: D´TACÓN




A orquestra D´Tacón de Vilanova de Arousa naceu no ano 1988 grazas á labor de Francisco Charlín Pérez que pasou a formar parte da agrupación tamén como músico. Actualmente é o director da orquestra.
D´Tacón sempre foi caracterizada por ser unha orquestra formada case na súa totalidade por mulleres. O público das verbenas, salas de festas e restaurantes de Galicia e de fóra estaba acostumada a ver enriba dos palcos a unha ou dúas cantantes femeninas, así como posibles bailarinas e, como moito, unha chica facendo soar un instrumento. Isto segue sendo o máis habitual.


Pero hai unha orquestra que xa fai máis de vinte anos rompeu os moldes e innovou en Galicia achegando aos campos de festa a primeira agrupación maioritariamente femenina. En aqueles tempos D´Tacón contaba con nove compoñentes que eran mulleres e un só home. Actualmente, está composta por oito mulleres e tres homes como se detalla a continuación:

Gloria, saxo
Vanina, baixo e voz
Ana, piano
Olga, trompeta
Manolo, trompeta
Mariscal, trombón
Celso, batería
Mary, voz
Lucía, cantante
Yolaina e Mª Elena, bailarinas