DE CERCA CON MANOLITO EL PESCADOR





 "Empecei na música sendo un neniño de nove anos"


Por qué comezaches no mundo do espectáculo?
Empecei porque non sei se no vientre de miña nai empecei a sentir a música xa porque de feito, a música sempre foi para mín a miña razón de vivir. E agora mesmo que levo uns anos compoñendo, teño unha canción que di: “Non quixo ser mariñeiro, nin xastre, nin albañil. Mecánico ou carpinteiro, tivo profesións mil e pensando que na vida unha idea hai que seguir, loitando día tras día para poder sobrevivir…” Teán, que é donde eu nacín, en Santa Uxía de Ribeira “dille que é moi feliz porque seguín nesta vida o que eu quería seguir”.


Non só pola música, agora tamén triunfas pola telivisión. Como xurdiu formar parte de Land Rober da TVG?
Pois eu levo moitas anos traballando na televisión galega, comecei a miña andadura na televisión con Xosé Luís Blanco nun programa que se chamaba Ruada. Desde entón eu a penas non parei de traballar na galega e ao mismo tempo na española tamén, na súa segunda canle aquí en Galcia. Así como, noutros programas. Traballar na televisión galega era algo normal pero xurdiume esta cuestión do programa de Land Rober a través dun amigo que me invitou a ir, entón eles descubriron a alguén , a un artista que estaba escondido xa que eu nunca traballei acercándome a xuventude como agora ata con cancións en inglés…


En canto á verbena, estiveches nalguna outra formación aparte de traballar en solitario?
Estiven en varias de Galicia e tamén me chamaron para moitas outras que ao final non puiden ir. En primeiro lugar vouche dicir que eu nacín na música nunha compañía na que non estiven moito tempo, dous ou tres anos, e de alí saltei ás orquestras. Estiven en varias e recordo Poceiro, Os Pinchudos de Ribeira que pasou a chamarse Gran Peña, tamén andiven na Nova Cabana, en Chicos del Jazz durante sete anos de cantante. Despois tamén estiven no estranxeiro con agrupacións como Los Microns, por ejemplo. Traballei na Florida, da que teño un grato recordo. Comecei con nove anos na música ata hoxe en día e despois deixei as orquestras para facer as miñas propias: Mundo Musica, Pescador y su show, Show Pescadores… bueno, agora a min en Land Rober chámanme The Fisherman pero eu xa tivera un grupo chamado The Fishermen. Fixen o que puiden, loitei e todo o que fixen foi co meu esforzo e coa superación.


Que é o mellor do mundo do espectáculo?
O máis bonito é o que levo facendo eu tantos anos. Chegar a unha festa, entregarte totalmente, intentar cantar en directo total, que a música sexa en directo e que haxa comunicación co público. Se un nace para traballar nesta prefesión hai que ter un don e non engañar ao público nin engañarse a un mesmo.


O peor?
Para min o pero foi, é e seguirá sendo sempre os músicos que nunca chegaron a comprender que a música é a arte de combinar os sons e o tempo. Se se combina todo iso un dase conta de que Deus so lle dá ese don a un ser humano determinado. É moi triste pensar que a maioría dos músicos ao non entender iso nunca puideron facer da música algo serio e unido. Tamén recoñezo que esta profesión non é como as demais ainda que digan o contrario. Para min a música é algo ao que non teño palabras para poder expresas, é isto quizás o máis negativo da miña vida e da miña profesión.


Unha festa de Galicia favorita:
Non teño ningunha, son sincero de corazón e non teño ningunha. Ao estar en moitas orquestras eu penso que andiven en case todas, teño unha especie de folleto que di: “Andiven en tantos puntos de Galicia que a maior satisfacción da miña vida foi ser un galego que saíndo da súa casa sendo un neniño de nove anos vin aldeas, vilas e ciudades da nosa terra que é maravillosa. Entón non teño ningunha en especial. Eu estiven moitos anos nas festas de El Puente en Ourense, por ejemplo coa orquestra Chicos del Jazz cando as orquetras brillaban só pola música. A xente non ía mirar os cantantes, os palcos e as luces… a orquestra era orquestra porque tocaba e os cantantes non tiñan que dar saltos para darse a ver senón que o público ía a velos para ver como o facían como artistas.


Unha orquestra favorita:
Iso si que cho podo dicir sen lugar á equivocación. Para a min a orquestra que foi toda a vida, é e será a mellor e única son Los Satélites. Tamén se pensamos na famosa Los Trovadores de Pucho Boedo coa que outros cantantes de outras orquestas case quedan nun segundo plano.


A túa canción:
É moi difícil porque eu teño moitísimas desde Antonio Molina ata outras cancións feitas en homenaxe a outros cantantes. Unha que me guste moito porque me encanta a copla “Niña Caracola” que é moi difícil de cantar e ao mesmo tempo téñolle moito cariño. Outras cancións das que nunca me olvidarei son as galegas como “Unha noite na eira do trigo” e moitas outras tan melancólicas como as que facía o gran Prudencio Romo de persoeiros grandioso como Rosalía de Castro e Curros Enríquez.