DE CERCA… TITO FUENTES, CANTANTE DE COMPOSTELA


 Síntome moi privilexiado e afortunado de traballar na Compostela”

Por qué comezaches no mundo da verbena?
Pois moi fácil, sempre foi o que desexaba facer, o que eu quería. É a única forma de ver cumprido os meus soños. Desde pequeño gústabame ver as orquestras.
Sabemos que a orquestra Compostela é unha institución dentro do panorama musical galego. Que sintes formando parte dela?
Síntome moi privilexiado e afortunado porque é unha das orquestras nas que sempre quixen chegar. Desde a miña xuventude admirei aos grandes profesionais que tiña a orquestra e agora, loxicamente, estou nela con toda ilusión e entusiasmo…
Estiveches nalguna outra formación?
Si, ao longo da miña vida formei parte de outras formacións musicais como Juan Mallo, que aínda segue funcionando con moitos éxitos, Ciudad Santiago que era moi similar á Compostela polo número de instrumentos e músicos que a compoñían nese momento. Hoxe xa non existe pero tamén estou moi orugulloso de estar nela e noutras.
Que é o mellor do mundo do espectáculo?
O que máis me gusta, emotiva e emociona é a xente que en cada parroquia e en cada vila fai un esforzo para organizar as súas festas e todo o traballo que conleva para que nada falle e vaia todo según o provista. Tamén me emociona ver a xente divertirse, que escoite a música que lle guste e velos cun sorriso na cara, algo que nos tempos de hoxe non é fácil.
O peor?
(risas) Pois así, a bote pronto, o que menos me gusta é actuar en noites de inverno nas que pasas frío, noite de choiva… son detalles que están aí e forman parte da realidade.
E as vermuts?
Eu encontro sempre unha parte positiva das sesións vermú porque hai zonas das nosa Galcia nas que se faga a matinal ten un significado entrañable. Ves á xente ao saír da misa e que vai cumplir coas súas crenzas, despois vai ver a orquestra e toman o aperitivo. É unha parte importante das nosas festas de Galicia.

Unha anécdota que recordes con cariño…
(risas) Anécdotas sempre hai algunha pero sinceramente prefiro gardalas…son bastante curiosas…
Unha festa de Galicia favorita:
Todas, temos unha forma de vivir os galegos moi bonita, eu penso que non saberiamos vivir sen festas…Pero se teño que dicir algunha festa que marca a diferencia, digo varias como A Virxe da Barca, as festas de Rianxo, Os Milagros de Caión… hai moitas! Cada unha ten a súa importancia e o seu mérito.
Unha orquestra favorita:
Hai moitas orquestras e quero pensar que cada formación de Galicia traballa e se prepara nos ensaios, está formada por grandísimos profesioanais, compañeiros de profesión e excelentes. Pero eu quero mollarme, a miña orquestra preferida e a que máis me fai sentir é a Compostela.
Un músico de orquestra favorito:
Non me atrevo, hai moitos músicos… eu sempre digo que isto é unha forma disitinta de ver a vida. Eu non comparto a xente que di “a mellor orquestra”, hai moitos músicos, hai moi bos profesionais e de calidade e non todos están na mesma orquestra, senón que están repartidos e cada un no seu lugar por diversas circunstancias. Pero podemos presumir que en Galicia temos moi bos músicos.
Un ou unha cantante de orquestra favorito:
Quéresme meter nun compromiso. (risas) o mellor cantante masculino e femenino é aquel que fai o seu traballo con todo o seu corazón e con toda a súa bondade.

T
raballar na verbena é a única forma de ver cumprido os meus soños”