ORQUESTRA DA SEMANA: TRÉBOL



A Orquestra Trébol naceu un 7 de novembro de 1948 e realizou a súa primeira actuación no Casino da cidade de Ferrol do que foi orquestra titular durante moitos anos.
Os seus primeiros compoñentes foron:
* Emilio Rey: saxofón tenor, clarinete e director desta agrupación musical, natural de Vilagarcía(Pontevedra).
* Pedro García Canosa: trompeta, trompa e contrabaixo, natural de Lamas, Ferrol.
* Gervasio Peñas: batería, violín e voz solista, natural de Alcañíz(Teruel).
* Constantino Freire: saxofón e clarinete, natural de Doroña (A Coruña).
* Julian Segura: contrabaixo e violín, natural de Villafranca (Navarra).
* Fausto Canso: pianista e acordeón, natural de Neda (Ferrol).
* Alfonso Salas: cantante e clarinete, natural de Porcuna (Xaén).
* José Santos Veiga García: saxo alto e clarinete natural de Narón - Coruña).
* José González Fernández: saxo tenor, clarinete e frauta doce: natural de Sedes (Narón).
* Eduardo Carballés: violín e baixo, natural de Ferrol.
Unha das principais características desta orquestra é que sempre tivo na súa formación violíns, ata o ano 2000.

Especial mención merece a labor de PEDRO GARCÍA CANA xa que estivo 37 anos ao servizo da Orquestra levando durante moito tempo as tarefas de organización e dirección.
Tamén cabe destacar no terreo profesional GERVASIO PENAS LONGO creador de temas como Maná, Maná ,A cirila, O twist do tren, Ai maricruz...
Tamén hai que destacar a excelente dirección e profesionalidade de:
* D. PEDRO CABALAR LOSADA
* D. ANTONIO CABALAR LOSADA
* D. FRANCISCO PENA LÓPEZ
* D. XACINTO PAREDES MOREIRA

Esta orquestra actuou, dende 1983, en todas as edicións da GRAN NOITE DE GALICIA EN BARCELONA, que se celebra no Hotel Princesa Sofía, e estes últimos anos no hotel Fira-Palace sendo os seus compoñentes distinguidos coa insignia PERCEBE DE ORO pola Directiva deste grande acontecemento gastronómico-cultural.


E como non, recordar tamén excelentes cantantes e grandes artístas que pasaron por esta orquestra anteriores ao ano 2000 como son:
José Manuel Cebral, Angel Lorrey, Demetrio Carro, Pepe Romero, Alonso(Chingla), JavierTito Calviño, Moncho España, Lolo Castro, Jesús Fernández, José Borrazás, Amparo Sánchez, Silvia Fernández, etc...

E a grandes músicos como foron os irmáns Pepe e Tino Pérez Lage, naturales de Viveiro.
No ano 2000 retíranse da Orquestra Trébol Francisco Pena e os Irmáns Pedro e Antonio Cabalar ,e colle o relevo como propietario e apoderado a Axencia de Espectáculos Sito Mariño de Arzúa, quedando Jacinto Paredes durante 5 anos como director, sendo nese momento cando a Orquestra Trébol se amplía a 12 compoñentes.

No ano 2005 retírase como músico e director da Orquestra, Jacinto Paredes levando na Orquestra 34 anos e sendo relevado neste caso por JAVIER BARDANCA que na actualidade é o director da orquestra Trébol e o membro máis antigo xa que leva dende outubro do ano 1993 nesta formación.


Tampouco queremos esquecernos de todos os ex compoñentes que formaron parte da Trébol a partir do ano 2000 como foron, entre outros: Alberto Madaria, Laura Añón, Carlos Martín, Ander Hidalgo, Santiago Brass, José Méndez, Carlos Bardanca ,Pedro Cupeiro...



Na actualidade estes son os profesionais que forman a Orquestra Trébol:
Javier Bardanca: Director musical, trompeta e guitarra (natural de Carballo)       
Enrique Fernández: trompeta e gaita (natural de Cabañas)                      Venceslav Gorgán: arreglista, trombón e guitarra (natural de Moldavia)     Juan Varela: saxo tenor e controlador midi (Ponteceso)
Juan González: piano (natural da Coruña)  Leonardo kindelán: saxo alto (natural de Cuba)
Iván Veiga:bateria (natural de Padrón)
Vicente Aribú: baixo e contrabaixo (Natural da Cuba)
María Jesús Fraga: voz solista (Natural de Sofán)  
Estefanía García: voz solista (Venezuela)
Álvaro Méndez: voz solista (natural de Uruguai)
Julman Flores: voz solista (natural de Venezuela)   

                                  
No ano 2008 a Orquestra Trébol grabou o seu primeiro disco, con intención de celebrar o seu 60 aniversario e recoller nesta grabación temas propios como
O Cabalo e o Merengue do 60 Aniversario (creado por María Jesús Fraga cantante actual da orquestra da que forma parte dende o 1998).




E o ano pasado, no 2010, Trébol saca ao mercado o seu segundo traballo Baila con la Trébol que inclúe como marca da casa unha versión do tema Corpiño xeitoso e a cumbia da Trébol.