ORQUESTRA DA SEMANA: SOLARA





Solara nace no ano 1978 a causa da separación dun
grupo que se chamaba Solano, o cal se formara
catro anos antes por seis mozos pero xa veteranos músicos.
A raíz desta separación, varios dos músicos deste grupo
deciden formar a orquestra Solara, con sete compoñentes:
Moncho Losada, Carlos Otero, Evaristo Novas, Chapelo,
Juan Seoane,Miguel Marras e Xanote.

Levados da man da produtora máis importante do
norte de España naqueles momentos "Espectáculos Álvarez",
obtiveron grandes éxitos, sendo unha das orquestras favoritas
para calquera verbena de Asturias, Cantabria, León, Zamora e
por suposto toda a nosa Galicia.

Cos anos, moitos dos compoñentes foron buscando
outros camiños ou deixando a actividade musical, quedando na
actualidade dous dos fundadores (26 anos despois), Juan Seoane
e Chapelo.
Non obstante, o peso do tempo non parece terlles afectado o
mais mínimo, por que souberon facer bo uso do dito
"renovarse ou morrer" e foron evolucionando, xa non só no
musical, senón tamén na enxeñaría da montaxe, non en van
pode presumir de ser a primeira orquestra en España que contou
para as súas actuacións cun escenario móbil sobre un tráiler en
o ano 1993.
No musical a orquestra sempre se caracterizou por facer
INTEGRAMENTE MUSICA EN VIVO E EN DIRECTO, o
cal implica ter un moi bo nivel musical en todos
os seus integrantes.
Nesta tempada a orquestra Solara conta cun escenario de
ultima xeración, cun equipo de son dos mais potentes
que soan en España (40.000 W de TurboSound) e 120.000 W de
luz e robótica.



En escena hai 12 compoñentes e que somos:

Juan Seoane - Trompeta
Isidoro Santamaría - Trompeta
Lino - Saxo
Serafín - Trombón
Dani - Baixo
Roberto - Batería
Rafa - Guitarras
Tano - Teclados
María Ferreira - Cantante
Susana - Cantante
Dani - Cantante
Miguel Caldas - Cantante e Chapelo - Voz

Podedes visitalos en www.nuevo.orquestasolara.es