DE CERCA CON... JAVIER BARDANCA





                 "Trébol é unha gran parte da    miña      vida"


Como vexo que a túa familia é unha familia de músicos, cóntanos un pouco a túa historia no mundo da verbena…
Eu empecei aos dez anos a estudar música na Coruña cun profesor que era trompetista de Los Satélites, o famoso Willy Marambio. Así comecei como trompetista. Despois entrei no conservatorio de Carballo onde rematei os meus estudos graduándome como profesor e agora estou como profesor no conservatorio de Carballo.
Que che gusta máis aprender ou ensinar?
Bueno, de ensinar tamén se aprende. Eu aínda que acabei a miña carreira, actualmente ensinándolle aos nenos aprendo cousas novas. Sempre hai defectos ou cousas que corrixir, sempre aprendes… segues aprendendo toda a vida.
En que formacións estiveches, aparte de Trébol?
Estiven en Los Gemelos y su orquesta, empecei noutra orquesta da Coruña que se chamaba orquestra Coruña. E xa actualmente na Trébol vou facer dezanove anos, toda unha vida!
Grazas á orquestra Trébol naceu Irene (filla de Javier Bardanca e Mª Jesús Fraga, vocalista da Trébol):
Si (risas), a verdade é que naceu estando eu una Trébol e teño aquí tamén a miña muller, María Jesús e teño xa parte da miña vida na orquestra.
Que é o mellor do mundo do espectáculo?
A min o que máis me gusta da verbena é o público. Hai que pensar que cando imos a tocar é o día da festa do pobo. Sempre se portan moi ben con nós, non saben que han de facer para que estemos contentos e cómodos. A resposta do público cando estamos actuando é o premio ao traballo diario, aos ensaios… É a recompensa de todo.
O peor?
O peor do mundo da verbena non é traballar, senón cando veñen días malos de auga, vento que tes que traballar igual pero nunhas condicións nas que non te encontras cómodo porque estalo pasando mal. Estas nunhas condicións que non son normales para facer ben o teu traballo.
O que tampouco me gusta son os quilómetros que hai que facer na estrada.
Unha anécdota que recordes con cariño…
Cando vas traballar sempre levas un bo recordo das festas e non sei… non teño ningunha anécdota…
Non caíches nin che rompeu a trompeta en directo? Algo así…
Non, nunca tiven ningún percance malo, grazas a Deus!
Unha festa de Galicia favorita:
Sempre hai festas que che tiran un pouco máis. No meu caso, non por ser mellor a outras festas, gústame moito tocar no San Xoan de Carballo porque é onde eu nacín, onde teño moita xente coñecida, é unha festa de moitísima xente. Un crécese un poquiño máis ao tocar no seu pobo pero sen quitarlle tampouco o prestixio ás demais.
Orquestra de baile ou orquestra espectáculo?
A min a orquestra de baile, non por nada, pero é onde realmente o músico e os cantantes podemos demostrar o que en realidade facemos que a nosa arte de tocar e cantar. O espectáculo de ensinar os palcos máis grandes, con máis luces ou con moito teatro non é a nosa función. A nosa función é facer bailar á xente e demostrar a calidade musical e vocal que temos na orquestra. O resto é so un escaparate.
Unha orquestra favorita:
Para min a miña orquestra favorita de sempre, dende o punto de vista musical e artístico son Los Satélites.
Un músico de orquestra favorito,non vale o teu irmán… (Juan Carlos Bardanca, trompetista de Los Satélites):
(risas) Un músico que me chama moito atención e xuzgo como trompeta e coñecedor da miña materia, é José Somoza.
Un ou unha cantante de orquestra favorito(tampouco vale a túa muller…):
(risas) Melchor Rodó ou Tito Calviño, son dous cantantes que a mín me gustan porque son de sempre.
A túa canción:
A miña canción favorita… (pensa) Hai tantas… Bella María de mi corazón e da película de Los Reyes del Mambo.


"Eu prefiro as orquestras de baile. O resto é so un escaparate"