ORQUESTRA DA SEMANA: LOS SATÉLITES




A orquestra «Los Satélites» fundouse no ano 1938 na Coruña, por un dos mellores saxofonistas de Galicia Manuel Otero Mariñas e Jaime Camino, cantante, actor e produtor de cine. Os músicos que se foron incorporando á orquestra proviñan na súa maior parte das bandas militares nas que tocaban durante a guerra.

A orquestra realizou tanto actuacións no territorio nacional como fóra del, sendo a primeira orquestra española que viaxa a América. Coa voz do gran cantante galego Pucho Boedo, partiu do porto de Vigo rumbo a Venezuela o 18 de Xullo de 1955.

A orquestra «Los Satélites» colaborou en festivais e programas de televisión, no ano 1965 acompañou a Massiel no «Festival do Eo», en Vegadeo (Asturias), e entre os anos 1967-1970 foi a orquestra titutlar do «Festival do Miño», en Ourense, onde acompañou artistas do talle de Victor Manuel, Betty Missiego, etc.
Despois de moitas colaboracións máis orquestra tamén  grabou 11 discos, un DVD e un documental, recibindo un disco de ouro no setenta e sete por un deles con Sito Sedes de cantante.

No 2010 editouse un documental DVD coa historia da orquestra titulado «Los Satélites, unha orquestra de lenda» que foi emitido na maioría das casas de cultura de Galicia.

O CD «Sempre Pucho» que está no mercado dende o 15 de xuño e o último «70 aniversario» que se puxo á venda en decembro.

Actualmente a orquestra «Os Satélites», está formada por 14 compoñentes:

Eric Hidalgo, voz
José Manuel «Noly», voz
Alma Beatriz, voz
William Prieto, percusión
Xullo Somoza, piano, teclados e arranxos
Michel Peñalver, batería
OsmarFonseca, baixo
Jorge Luis Delgado, saxo alto e teclados
J. Carlos Suárez, saxo tenor e guitarras
Aldo García, saxo barítono, tenor, gaita e saxo midi
Carlos Bardanca, trompeta
Yailén Elías, trompeta
Ricardo Cao, trompeta e fliscorno
Fco. Javier Saavedra, trombón e dirección

A orquestra conta cun escenario móbil de 20 metros de fronte por 10 de fondo e 12 de alto, un equipo de son de 52.000 vatios, 250.000 de iluminación robotizada e estudo de gravación propio.

Podedes ver máis contidos sobre Los Satélites na súa web: www.lossatelites.es

A continuación un dos seus vídeos: