DE CERCA... con SITO MARIÑO

“O
  
MELLOR DO MUNDO DO
          ESPECTÁCULO É O PÚBLICO”

Cóntanos un pouquiño a túas historia no mundo da verbena…
Cando empecei tiña dezaoito anos, aínda que empecei estudiando música aos dezaseis. Aos dezaoito comecei como cantante principal nunha orquestra que se chamaba Melodías, despois pasei dous anos na Nova Estrella, oito na Caracas, despois estiven na Nova Galicia e na Hispania. De novo volvín para a orquestra Nova Galicia e aí quixen acabar. Puiden estar noutras con máis nome pero non quixen, chegoume.
Entonces foi cando empecei a grabar traballos en solitario, grabei cinco discos e actualmente aínda fago agunhas cousas (referíndose ao cd “Sito Mariño. Grandes Éxitos” e “Xacobeo” con Miel).
Todo foi moi bonito, se volverá a nacer volvería a ser músico. Indudablemennte con máis formación. A pena que me queda foi non formarme máis. Estiven en Madrid nunha escola de canto e música pero debería quedarme a aprender máis para sacar os meus discos a nivel nacional e intentar triunfar, o que pasa é que as portas eran pequenas e aparecíanme ofertas nas orquestras pero non no resto. De todas formas, moi contento!
Que é o mellor do mundo do espectáculo?
O que máis me gusta é o público. Nunca tiven o mínimo problema nin co público nin coas comisión de festas.
Para mín o público meréceo todo, é moi especial e penso no de Galicia e no de fóra tamén, principalmente en Asturias e León. Fóra de  España os recordos son máis grandes. En España, no País Vasco cantei en moitos centros de emigrantes e foi unha marabilla.
O peor…
Buf… (sopra pensando) non podo dicir cousas malas. Hai días difíciles igual que noutras profesións, unha vez estiven cantado con trinta centímetros de neve e xeada. Outra vez tivemos que empuxarlle ao coche para poder saír e chegar a casa. Pero todo isto non é malo, son contratempos da natureza e hai días mellores ca outros.
Despois son tantos anos e coñeces tantos compañeiros que con algún podes ter algunha mala contestación pero nada importante.
Unha anéctoda que recordes con cariño…
Anécdotas, moitas. Cando tiñas que comer e durmir nas casas sempre había algunha, cando te viñan espertar, cando había mozas e se metían contigo… A xente das casas peleábanse por levarte para durmir, sobre todo aos cantantes. Despois outro ano nalgunha casa dicían que non querían levar músico…
Había moito cariño, non se medían as palabras e nas casas das aldeas facíanse amizades moi grandes porque ás veces ías tres ou catro días seguidos a tocar na mesma parroquia. Agora non existe ese contacto tan familiar, actualmente a orquestra chega, toca e marcha.
Unha festa que destaque do resto…
Teño moitos recordos dos primeiros días que saín. Un foi en Melide na sala Escorpio (a actual Palladium), en Vilagarcía, na Gaiteira o día de fin de ano…
E desde que canto non sei… o que está claro é que dende que me formei saín a cantar en tres semanas e quen me dera hoxe poder escoitar aquelo porque tiña que ser horrible (risas) pero eu ía convencido e moi contento. Pero se teño que dicir unha festa, por multitude Barakaldo e Victoria pola cantidade de xente… non se vía o final. Eran festas que me chamaban moito a atención porque te mimaban xa que eran emigrantes. Ti vas de Galicia, cántaslles e cólleslles moito cariño. Ao marchar parecía que che doía. Tiñan como falta de cariño, morriña… era realmente inolvidable.
Por aquí, mesmo en Arzúa sempre fun ben acollido. Hai de todo, como en todos os sitios pero dende que estou nas orquestras e fun cantar á praza coa Caracas(refírese á actual Praza de Galiza de Arzúa, vila da que é natal). A xente de Arzúa sempre me dou moito cariño.
Cal é a túa orquestra favorita?
A miña orquestra favorita dende sempre foron Los Satélites. Eu son de orquestras clásicas: Los Satélites, seguido de Sintonía de Vigo, Los Trovadores… Sempre me gustaron as orquestras que tocan ben, gústame a boa música e o espectáculo pero a miña maneira e non á de outros. Cada un ten os seus gustos. Eu valoro moito a boa música e a boa música nace no clásico. Onde nace un gran artista e no clásico.

   “E
u valoro moito a boa música
e a boa música nace  no clásico”